10 de abril de 2014

Minas de Carris: ruinas entre a néboa

O venres de hai dúas semanas fixemos unha escapadiña ao Geres, a ese Geres que tantas satisfaccións sendeiristas e montañeiras nos reporta: fermosa paisaxe, con condicións en ocasións moi montañeiras e que a pesares de estar tan preto apenas coñecemos.
A nosa intención era facer non só a ruta que nos leva ás minas de Carris senón tamén subir ao Pico da Nevosa (1546 m.) que é a cume máis alta do Geres.
Dende Portela do Homem baixamos ata á ponte de San Miguel que é a que cruza o río Homem, e collemos a antigua pista mineira que sube pola marxe dereita.












Entramos así nun precioso val glaciar que imos admirando nunha subida moi suave, pois ao longo de 10 km acumulamos un desnivel de máis ou menos 700 m. ata chegar ás ruinas das antigas minas de Carris.



Un par de km antes de Carris, remontado xa o Val Glaciar chegamos a unha especie de altiplanicie, unha paisaxe de beleza adusta onde o aire, o frío e a néboa comenzan a facerse os donos.

 

Comenza unha lixeira ventisca, aparece algún que outro neveiro e de repente ao fondo emerxen cóma unha aparición os restos do que un día foi toda unha auténtica cidade mineira. Non me extenderei moito na súa descripción pois dabondo tedes co que conta Rui C. Barbosa no seu blog Carris ademáis de disfrutar das súas estupendas fotos.



 

Eso sí direivos que impresiona e máis nun día frio e de néboa como aquel, o que nos impediu continuar ata a Nevosa, pico que queda pendente para outra ocasión. Ocasión na que poderemos continuar ata as minas das Sombras para así voltar xa por un camiño diferente.



Pedras vixiantes entre a néboa