24 de octubre de 2013

Ruta da cidade da Calcedonia


O sendeiro ou trilho da cidade da Calcedonia é un PR circular de aproximadamente 8 km de percorrido, que se pode facer tranquilamente nunha xornada. Sae da fregresia de Covide no Geres para voltar a ela despois de 4 ou 5 horas contando con tempo de abondo para comer e enredar.
Para chegar a Covide denede Portela de Homem temos duas opcións:
  • A primeira  é coller a pista  de terra que dende a Mata da Albergaria nos leva a Campo do Geres bordeando todo o embalse de Vilarinho das Furnas. Ao finalizala  e sen meternos a Campo do Geres temos que coller una estrada á esquerda (N307) que nos levará a Covide. 
  • A outra opción é baixar ata Caldas do Geres e despois coller una estrada case ao final da vila que sae á dereita (EM533) e que sube con moito desnivel. Cando chegamos a un cruce xiramos á izquierda para coller a N307 que nos leva a Covide.
Calqueira das dúas opcións é aconsellable porque as vistas son moi fermosas.
O inicio da ruta está  sinalizado e sae de Covelo por un camiño que vira hacia a esquerda.


Pasamos por diante dun miliario e pouco a pouco a medida que subimos imos introducindonos nunha paisaxe agreste de bolos graníticos con formas moi caprichosas.



A erosión ata creou unha sorte de "moai" tál cómo si fose un vixiante de tempos antigos.


Moai??















Rodeamos o chamado "Tonel" un conxunto de enormes penedos, onde os nosos amigos Antón e Tato estiveran escalando facía unhas semanas, para ir hacia o conxunto que se chama a "Cidade da Calcedonia" onde eles tamén estiveron. O camiño pasa polo medio dos grandes bolos e está perfectamente marcado.


Ao pé destas enormes pedras  de nome mítico, parece ser existiu unha poboación da idade de ferro, unha poboación castrexa que logo foi ocupada polos romanos. De feito na información do Parque fálase do Castro da Calcedonia.

Laberinto de penedos









Polo medio deste laberinto ábrese a famosa "fenda" polo que é ben coñecido este conxunto de penedos. Fenda pola que logo baixaríamos dende as alturas.





Saímonos durante un rato do sendeiro que recuperamos máis arriba. Alí nos atopamos con dous camiñantes portugueses un dos cales nos indicou por onde subir ao cume e tamén por onde se abría a fenda. O cume quedou para millor ocasión así que destrepamos todo teso pola oscura fenda.





Destrepando pola fenda








Fenda da Calcedonia
Despois o descenso hacia o pobo foi rápido e dounos tempo, como non, a tomar unhas cervexas para repor forzas.