28 de julio de 2013

Pico Miro (La Laciana)



O pasado 1 de xuño fun invitada por parte de Moncho dos Cempés a unha saída moi prometedora: O Pico Miro na comarca leonesa da Laciana. Encantada de sair con eles, unha por disfrutar da súa compaña e outra por descubrir unha zona que teño que recoñecer, ignorante de min, descoñecía completamente. A saída foi organizada polos compañeiros do Clube Peña Trevinca do Barco e foi todo un éxito: vistas fermosas, tempo espléndido e un ambente moi montañeiro.

Para chegar alí nos diriximos dende Ponferrada pola estrada que vai ata Villablino. Collemos o desvío hacia Anllares del Sil e despois á dereita a estrada privada da mina de Hullas del Coto Cortés. Despois de pasar Valdeprado, máis ou menos 1 km despois chegamos ás brañas de Susañe. 
A ruta inicíamola á nosa esquerda. Ascendemos case directamente, facendo as primeiras fotos na cascada das Aguas Blancas en dirección á braña de Busmor. Seguimos o ascenso hacia o collado para despois subir á esquerda para chegar a cume do Pico Miro de case 2000 m. Dende ali contemplamos o Pozo Cheiroso, solitaria lagoa de orixe glaciar, dende a que tamén se pode subir.  A paisaxe magnífica: os Ancares, os Aquilianos, Trevinca e ata Ubiña.
Despois continuamos o cordal en dirección norte ata o collado de Coronxo para baixar hacia o val onde estan as lagoas de Fasgeo. A baixada e as vistas eran espectaculares cun ambente moi alpino. Quedaban restos de neveiros e as lagoas lucían fermosísimas. A partir de ahí a baixada xa foi máis suave para chegar de volta despois de 6 horas aproximadamente de actividade e máis ou menos 800 m de desnivel.

Un gustazo!!

Pozo Cheiroso