26 de enero de 2012

A Rocalva e O Borrageiro ( Gêres )

Ascendemos o Borrageiro dende Leonte pasando pola Lomba do Pao e a cabana da Rocalva. 
Un mundo de rocha, penedos fisurados, placas graníticas. A Rocalva merece unha trepada sen marcala. Igual un pouco para subir seguros. A Roca negra parece mais seria. Mais adiante. Unha vez mais O Gêres convértese no escenario perfecto, ¿Non sí ?


10 de enero de 2012

Serra da Enciña da Lastra

A maquinaria da depredación ambiental segue en marcha. Desta volta, trátase dunha canteira en pleno corazón do parque natural da Serra da Enciña da Lastra, no concello de Rubiá (Ourense). Dáse a casualidade de que ademáis, a área afectada está catalogada como ZEPVN, LIC e ZEPA, sendo parte da Rede Natura galega. Dado que a actividade mineira non está permitida nun Parque Natural, e que esta actividade está expresamente excluida polo Plano Director da Rede Natura, dende ADEGA se preguntan que fai unha administración tramitando un permiso contrario á lexislación vixente. Se a Rede Natura fora algo máis que un ente virtual declarado por imperativo legal de Europa, no que a Xunta non acredita o máis mínimo, non intentarían "coar" estes proxectos agresivos mentres a administración mira para outro lado.
aquí

Pero que quede moi claro, facer espeleoloxía, escalar, observar aves ou reptiles ou simplemente andar polas sendas deste lugar non esta permitido pois perxudica ó ecosistema do lugar e non da cartos.

3 de enero de 2012

Sanabria

No mes de decembro acadamos xa os 8 graos por debaixo de cero nas montañas de Sanabria. A neve ainda non  caeu e dende a lagoa de Sotillo só os pequenos regatos e as charcas  aparecen xeadas durante toda a xornada.
O camiño segue a senda que tan ben coñecemos, que tanto trotamos. Hoxe marcada como GR84. Os hitos son altos pero moito me temo que non o suficiente ante as grandes nevaradas que han de chegar.

Algunha foto para ilustrar as dúas duras xornadas de montaña.
Saúdos

As cascadas de Sotillo, cerca da lagoa do mesmo nome, aparecen con xeo.

Trevinca e Pena Negra ao fondo