25 de diciembre de 2010

Fonte Fría, Gerês-Xurés , 1462 mts

cerca de Pitões das Júnias, Vila Real (Portugal)
Distancia recorrida: 5,44 kilómetros
Altitud min: 1.106 metros, max: 1.462 metros
Desnivel  403 metros
Tiempo: 2 horas e media, mais ou menos...
Fecha: decembro, 26 de 2010

30 de octubre de 2010

Polo "corredor de la Moscova" e o Gran Vignemale

Xa que se acerca  a temporada das neves e como atopei vellas diapos, teño a osadía de publicar un par delas, xustamente unha saída clave no noso devenir como alpinos e sobre todo por ser a ruta pola que Lady Lister (e máis que ninguén os seus guías)  fixo a primeira ascensión ó Pique Longue do Viñemale
 Primeiras terrazas hacia o circo de Labaza

O Pico Cerbillona, 3247, e o collado de Lady Lister, 3200, dende o Pico Central, 3235

29 de septiembre de 2010

Prados de Messe, Gêres


Croquis da ruta
Se o tempo nos acompaña acercarémonos o sábado 16 a este fermoso paraxe. A ruta é de aproximadamente sete horas contando coas paradiñas que fagamos para comer ou contemplar simplemente a paisaxe

20 de septiembre de 2010

Lume no Parque da Peneda-Gêres


Os montes pasaron este verán por un inferno e por un apagón informativo.
Esta foto dende o Pé de Cabril mira hacia a ruta que tan ben coñecemos e pola que sufrimos todolos veráns.

10 de septiembre de 2010

Pico de Arriel /2824 m)

Ascención do Arriel dende La Sarra...  1400 m de desnivel.
A zona do Palas e do Balaitús, onde moitos de nós superamos as primeiras gabeadas a un tres mil...
O Arriel conta cunha escalada final que non supera o terceiro grado, con moito patio, ollo, e sen asegurança posible. Ahí ó lado esta o Palas que chama por nós...

25 de agosto de 2010

Bike Park


Seguindo a discusión do Transourensán , temos tamen presente na montaña a cultura do vaguismo,
sí, esa forma de facer deporte sen esforzo, curioso, como outras facetas da vida. Os mesmos que son triunfadores mediocres sen mover un dedo e grazas a seu Deus, asaltan o monte correndo, en cuatrimotos ou en mountain bike.
En Manzaneda dende hai tempo as sendas marcadas non son de patear, son das bicis que só baixan. Calqueira fai subir a un pijo deses...

18 de agosto de 2010

Peña Telera 2762 m

Peña Telera dende Sta Elena son 1650 m de desnivel. 12 horas de suaves desniveis.












Telera dende Plan de Zarrambuecho








Percorrido

Peña Orniz, 2194 m. Somiedo

Subida a Peña Orniz dende o collado da Farrapona, que da acceso o Val de Torrestío ( lembranza daquel campamento nacional de monaña no que subíramos a Calabazosa ( 2010 m) e deixáramos para outra a Orniz )
Fartura de ver ascensións a este insigne pico dende La Cueta, propuxen subir a mais alto de Somiedu dende o outro extremo da dorsal que forma a Orniz e a Muria Brava . ( 2123 m) ( non confundir con Nuria )

foto dende Lago del Valle



Flor carnívora de Somiedu


















Percorrido

1 de junio de 2010

Queguas e Pena d´Anamán ( Penha de Anamão )



A ollada mais vertical d´Anamán e dende Castro Laboreiro. Pero estas chepas que por pouco non collen na foto tamén son Anamán ! certo que a subida dende Queguas é mais doada e atopamos casas e cousas como
A da Moura

Ruta de ascenso á Pena grande de Anamán

19 de abril de 2010

Curavacas, corredor sur


Acceso: Dende Vidrieros e na parte máis occidental da vila unha pista que collemos. De seguida un camiño xira direto á cara sul ate sair a un pequeno circo, dende o que a canal sul é xa moi visible.(1,5 / 2 horas)
Descripción: A canal recíbenos por pendentes suaves de menos de 40º e chega ate os 45. A finais de temporada e casi chegando á saída do corredor, podemos atopar un resalte corto de rocha . En mixto vai ben, se non, teremos un muro de V / V+. Logo, 50 metros na vertente norde moi empinados ( no que prestar atención especial ), (60-65º) de puro xeo, deixanos na cresta final preto xa do cume.
Descenso: Pola normal ou ruta del Callejo Grande
Primera Invernal: Alejandro Díez Riol, Felipe Calleja, Andrés Ceresa y Ángel de Felipe el 19 de marzo de 1967
Desnivel: 400 metros
Dificultad: III/ 2+ AD inf
Horario: 1,5 /2 horas de aproximación + 2 horas de corredor
Material: Piolets, crampones, casco, cuerda, alguna estaca y ancla recomendables por si acaso

4 de abril de 2010

Vignemale, a montaña alpina nos Pirineos: tres portas, tres vales






























So queremos reflexar as grandes dimensións montañeiras do macizo do Vignemale ou Comachivosa, ilustrando con imaxes as suas tres principais portas de acceso en condicións de verán, os vales de Ossué, de Ara e de Gaube. Hai para todos, escaladores, alpinistas, senderistas, excursionistas da montaña en xeral, ninguén quedara insatisfeito das dimensións montañeiras desta ciclópea montaña. É un dos nosos obxectivos permanentes

31 de marzo de 2010

De Pitoes de Junias a Salgueiro

Esta zona goza dunha especial predilección pola nosa parte, sen desmerecer o resto do Xurés-Gêres.
O camiño ben pode iniciarse en Albite, onde a Federacion de montaña posee un refuxio,ou ben dende Pitoes.
Precisamos dous coches por non ser unha ruta circular, e dun permiso a solicitar na casa do parque sito en Lobios, onde de paso podemos comer algo no Bar Lusitano, aínda que a Casa Dom Pedro situada no alto de Junias, goza de grande popularidade entre os nosos camiñantes.

Si facemos a saída dende Pitoes o camiño sae do mesmo collado de Pitoes onde están localizados os restos dunha mámoa.
Primeiro unha lixeira ascensión e logo descende através da fraga ata o río para enfilar unha empinada subida dende onde case se divisa xa a vila de Salgueiro.

29 de marzo de 2010

A guerrilla antifranquista no Macizo Central de Ourense


No Macizo central ourensán, entre San Mamede e Queixa, achégamonos á "Edreira".
Pasando polo complexo gandeiro semiderrubado da
"Ferreiría", onde falamos cun dos propietarios. Dende alí teremos unha hora e media a paso largo. Neste marzal húmido, o río vai de auga coma nunca. Os cumes continúan con neve, e as pradeiras da Edreira convidan ó solaz. Fermoso percorrido de natureza e historia. Sin lugar a dúbidas aínda resoan os disparos da garda civil, que pola aplicación da " ley de fugas " deron morte ós "fuxidos" e ós donos do caserío, e destruíron as construccións do lugar. Ainda se ve a ponte e outras casas caídas ..ano 1949, non hai tanto.
Co xusto permiso e referencia a diariodeunmedicodeguardia.blogspot.


26 de marzo de 2010

Pirenaica despedida invernal



Dende a lembranza dunha invernal Pirenaica excepcional despedimonos dun inverno extrano.Abrese a primavera prometendonos as mais intensas actividades na montaña.
Afiade os pinchos e os piolos,tende preto as cordas ,esperannos uns abrentes cheos de friaxe.

¡¡Vemonos!!

24 de marzo de 2010

Alfonso I do Amazonas, rei dos xíbaros


Gran historia dun ourensa no Amazonas,un galego rei dos xibaros a primeiros do seculo XX.
Xeografica sigue aos aventureiros da nosa terra nos grandes espacios do noso planeta.

Nado en Amiudal (Avion) en 1878, ALFONSO GRAÑA emigrou a BRASIL CA FEBRE DO CAUCHO a primeiros de seculo XX ,penetra na selva amazonica buscando novos matos de siringueira (caucho) cun compañeiro ourensan sendo cazados polos indios xibaros que dan morte o seu amigo e respetanlle a vida a Alfonso por terse agarimada dil a filla do APU(XEFE) da tribu.De seguido, ca morte do Apu convirtese no novo xefe e é respetado por todalas tribus que moran as beiras dos rios Nieva,alto Pastana e Santiago na Amazonia ,falandose dun dominio territorial semellante a mitade da peninsula iberica.
Alfonso Graña morre na selva no 1934 dun cancro gastrico ,non atopandose a sua tumba e sendo venerado polas suas tribus e recoñocido polos gobernos de Peru e Brasil asi coma o Goberno da Republica española co que chegou a facer tratos pra levar adiante exploracios no Amazonas en busca de materias primas de alto valor .Estas expedicios truncaronse ca inesperada morte da Alfonso.
¡¡CONTINUARA!!

19 de marzo de 2010

Peña Ubiña Pequena corredor suroeste




Esta excelente ascension polo corredor suroeste de Peña Ubiña Pequena atópase entre as máis exquisitas do macizo de Ubiña. Non é das que teñen maior dificultade pero si é unha experiencia de alta montaña que require o dominio das técnicas de montañismo invernal.
Recomendada para consolidar en alta montaña ós que xa iniciaron o camiño do alpismo

Peña Trevinca / Pena Trevinca

A subida A Pena Trevinca de 2124 m. dende as lagoas de La Baña manten o tipo de ascensión clásica "fora de circuito". Comporta aillamento nunha serra comprimida por escorias físicas e arquitectónicas humanas. ahí queda eso. No inverno dende o circo do Tera podemos ascender polo corredor e collado que temos entre o Trevinca e o Peñas negras, ou facer a crestería que une Trevinca norde-Penas Negras-Trevinca Sur de dificultade elevada.

14 de marzo de 2010

Transourensan e o Cañon do Mao





Iste fermoso Cañon do Mao é pra nos motivo de moitas lembranzas aventureiras pasadas por auga ,xa que nil escomenzamos a andar na practica do descenso de cañons ou barranquismo en Galicia PALÁ DE VINTE ANOS.
Hoxe non nos chama isa fermosa actividade ,senon un recente camiño arranxado polo concello de Parada do Sil e que transcorre polo cauce do antigo canal da vella fabrica de luz do rio Mao.Sae das beiras de Forcas e vai polo canal vello ata San Lorenzo pasando por unhas moi interesantes tumbas antrpomorficas para ali chocar de novo co Transourensan poidendo facer asi un bello percorrido circular de aprox. tres horas co Canon do Mao aos nosos pés

13 de marzo de 2010

Travesía circular polos Picos do Inferno






Esta travesia é de gran dureza ,pode levarnos unhas 11 horas moitas delas en soedade xa que algunhas das zoas de paso son moi pouco visitadas.Recomendamos facela a primeiros da tempada para disfroitar dun gran ambente montañeiro aplicandonos no uso do piolet e os crampos.
Sairemos do dique do encoro pequeno de Bachimaña,subindo a traves ata chegar ao Ibon de Arnales, seguindo en forte subida ata o collado de Pondiellos a mais de 2800m.¡¡UFF!!
Baixaremos aos ibones do mesmo nome para despois de atopar restos do glaciar do inferno entrar na famosa e perigosa Marmolera ,logo de atravesala con dificultade notabel achegaremonos ao ibon de Tebarray chegando ao collado do Inferno.Baixaremos logo aos ibones Azuis para rematar de novo no Ibon de Bachimaña dando por rematada ista grandiosa travesia.
Mais de trinta anos pasaron xa da primeira vez que fixemos iste percorrido e sigue sendo unha das mais lembradas travesias da nosa dilatada vida montañeira
TOTALMENTE RECOMENDADA PARA ESPRITOS MONTAÑEIROS

12 de marzo de 2010

Invernal pirenaica con raquetas en Ordesa-Ara-Ordiso






Non é unha ascension ,de feito é un pateo,pero que pateo,tremenda nevada,tremenda ventisca,tremenda acampada-vivac no Ordiso... ¿quen coñece AS GRADAS DE SOASO?.
A VENTISCA BOTOUNOS do circo do Soaso e os aludes botaronnos das beiras do Ara na porta do val de Ordiso PERO QUEDOU UNHA VICENCIA TAN POTENTE COMA CALQUERA CUME
Habera que voltar